Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 24/2001, do 25 de xaneiro, polo que se delimita o contorno de protección do mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, sitos no concello de Leiro (provincia de Ourense).

Por Real decreto do 8 de maio de 1981 (Boletín Oficial del Estado do 22 de xuño) foi declarado monumento histórico-artístico o mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, sitos no concello de Leiro, na provincia de Ourense.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 10 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 4 de outubro) incoou expediente para a delimitación do contorno de protección do mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, sitos no concello de Leiro (provincia de Ourense).

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xaneiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declara-la delimitación do contorno de protección do mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, sitos no concello de Leiro, provincia de Ourense, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 2º

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación escrita contida no anexo I, e no plano recollido no anexo II.

Artigo 3º

O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó Concello de Leiro e ós demais interesados no expediente.

Artigo 4º

O presente decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto estrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

ANEXO I

A-B. Liña coincidente co límite dos concellos Leiro-Cenlle. O punto B atópase na estrada de San Clodio a Osmo, o punto A a 650 metros.

B-C. Liña recta que une o punto B co cumio do monte situado ó norte do mosteiro, a 249 metros de altitude.

C-D. Liña divisoria das vertentes do monte ata enlazar coa liña que delimita, no planeamento aprobado inicialmente o 27-2-1997, o solo urbano do núcleo rural.

D-E. Liña coincidente coa que delimita o solo de núcleo rural.

E-F. Liña coincidente co inicio da divisoria das vertentes do monte situado ó sur do mosteiro ata un punto situado a 30 m do antigo camiño de acceso ó mosteiro desde a ponte.

F-G. Liña que discorre paralela 30 m ó límite exterior do antigo camiño ata chegar á estrada do Carballiño a Ribadavia.

G-H. Liña coincidente coa dita estrada ata atopa-lo desvío que leva ó núcleo da ponte.

H-I. Liña recta, en dirección O, que atravesa o río Avia e remata no camiño que ascende á estrada de Leiro a Ribadavia.

I-J. Liña coincidente co dito camiño ata a estrada de Leiro a Ribadavia.

J-K. Liña quebrada coincidente co lindeiro norte da parcela catastral nº 950.1, lindeiros oeste das parcelas nº 950.1 e 966.1, atravesa a parcela nº 967.2, continúa polos lindeiros oeste das parcelas nº 968.2 e 969.2, parte do lindeiro norte e lindeiro oeste da parcela nº 1.073.3, lindeiro oeste da nº 970.3, parte do lindeiro norte e lindeiro oeste da parcela nº 971.2, lindeiro oeste da parcela 975, e atravesa a parcela nº 979 para rematar no vértice O da parcela nº 981 (todas elas do polígono catastral 42).

K-L. Liña quebrada coincidente coa liña que delimita o núcleo de Barzamedelle, parte do lindeiro oeste e lindeiro sueste da parcela nº 984.3 e lindeiro suroeste da parcela nº 1.002 ata o seu vértice S.

L-M. Liña recta equidistante 100 m da estrada de Leiro a Ribadavia ata un punto situado a 200 m da ponte medieval.

M-N. Liña recta, en dirección NE, que atravesa o río Avia e remata na estrada do Carballiño a Ribadavia.

N-Ñ. Liña coincidente coa dita estrada, en dirección ó Carballiño, ata situarse a 30 m do antigo camiño de acceso ó mosteiro.

Ñ-O. Liña que discorre paralela 30 m ó límite exterior do antigo camiño, ata chegar á divisoria das vertentes do monte situado ó sur do mosteiro.

O-P. Liña coincidente coa divisoria das vertentes do dito monte ata atopa-lo límite dos concellos de Leiro e Cenlle.

P-A. Liña que pecha a delimitación polo límte de concellos.