Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

INFORMACIÓN pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión do día 10 de xaneiro de 2001, prestoulle a súa aprobación inicial á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, no contorno da casa de cultura, no relativo á reordenación do ámbito de solo urbano, onde radica a parcela con cualificación dotacional casa de cultura.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que coiden pertinentes.

Salvaterra de Miño, 11 de xaneiro de 2001.

Arturo Grandal Vaqueiro

Alcalde