Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 18 de decembro de 2000, aprobou o proxecto do colector exterior de saneamento do solo urbanizable programado número 4 (SUP-4) e obras de reurbanización na rúa de Conxo de Arriba, promovido pola Xunta de Compensación do SUP-4 de Conxo.

Contra o acordo de aprobación poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a comisión de goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde