O Pleno deste Concello, mediante acordo do 25-1-2001, acordou a modificación puntual 1/2001 do PXOM de Verín, así como, consonte o disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia (LSG), sometelo a información pública durante o prazo do mes seguinte á publicación deste anuncio no DOG, para que os interesados o examinen e formulen as
alegacións en relación coas previsións que contén, para o que teñen ó seu dispor o devandito documento nas oficinas municipais, en horario normal de oficina.
A través do mesmo acordo, o Pleno, a teor do disposto no artigo 34 da LSG, aprobou a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos seguintes supostos:
-Licencias de obra para o edificio da casa do concello.
A suspensión á que se refire este punto extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento e, en todo caso, a súa duración máxima non poderá ser superior a un ano, contado a partir da data do acordo de aprobación inicial.
O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da normativa citada.
Verín, 25 de xaneiro de 2001.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde

