O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 15 de decembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior (PERI) II-05 Rocío, presentado por Manuel Ventura Fernández Fernández, en representación da comunidade de herdeiros de Ventura Fernández Pérez, redactado polo arquitecto Alberto de Cominges Molíns, con visados do COAG con datas do 17-11-2000, 16-5-2000 e 17-11-2000.
Segundo.-Sométase o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes e publíquese a apertura deste trámite mediante anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como coa notificación individualizada ós propietarios do ámbito.
O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información de Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 12 de xaneiro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo de Vigo

