Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisicón de maquinaria para as explotacións agrícolas da deputación.

No BOP de Ourense do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de maquinaria para as explotacións agrícolas da deputación, mediante concurso, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

-Lote 1: segadora rotativa de discos: prezo 1.000.000 de pesetas, IVE incluído, para a Lagoa de Antela. Lote 2: picadora de precisión para millo: prezo 1.100.000 pesetas, IVE incluído, para Valverde de Allariz. Lote 3: tractor articulado: prezo: 2.200.000 pesetas, IVE incluído, para Vilamarín. Lote 4: sementadora de cereal: prezo 1.050.000 pesetas, IVE incluído, para Lagoa de Antela. Lote 5: remolque basculante hidráulico: prezo 2.000.000 de pesetas, IVE incluído, para a Lagoa de Antela. Lote 6; remolque tándem: prezo 1.100.000 pesetas, IVE incluído, para Vilamarín. Lote 7: tractor dobre tracción: prezo 8.950.000 pesetas, IVE incluído, para a Lagoa de Antela.

Ourense, 31 de xaneiro de 2001.

O presidente

Rubricado