Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.656

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

ANUNCIO referente á convocatoria de probas de selección de persoal (Diario Oficial de Galicia número 243 do 18-12-2000).

A Fundación Pública Hospital do Salnés comunica a publicación das listas provisionais de admitidos ás probas de selección de persoal. Estas listas estarán expostas no taboleiro de anuncios da fundación pública, nas direccións provinciais do Sergas das catro provincias galegas, na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, así como na páxina web do Sergas desde a publicación deste anuncio. De acordo cas bases da convocatoria, o prazo de reclamacións será de 5 días naturais a partir da dita data.

Vilagarcía de Arousa, 31 de xaneiro de 2001.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director da Fundación Pública Hospital do Salnés