VI. ANUNCIOS
DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 11 de decembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Amoroz, a favor dos veciños dos lugares de : A Carballeira, Goterre, Carvasco, A Granxa, Os Barreiros, Os Quintairos, Outeiro, O Casal, Amorociña, Sampil, Rial, Moer, As Fontiñas e O Outeiro (parroquia de Santiago de Amoroz), no concello de Celanova (Ourense).
Advertido erro no devandito edicto, publicado no DOG nº 19, do 26 de xaneiro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:
Na páxina 1.067, columna da dereita: no parágrafo 3, liña 4, onde di: «dun mes a práctica», debe dicir: «dun mes para a práctica».