De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola
Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.
Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
Ourense, 31 xaneiro de 2001.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: 550/00-I.
Denunciado: Andrés Gómez Varela.
DNI: 34.957.026-Q.
Último enderezo coñecido: estrada de Rairo, rúa da Poza, 22-Ourense.
Feito denunciado: queima de chatarra, neumáticos, etc., sen autorización.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 14 xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.
Sanción: 25.000 pesetas.