Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/42/2001 interposto por Guadalupe Marzábal Expósito na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).
A recorrente, aspirante da categoría de ATS/DUE, pretende a asignación de 58,4 puntos na fase de concurso polo epígrafe de experiencia profesional, cun total de 201,66 no concurso-oposición e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan presentarse na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos