De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.
Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2001.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural
ANEXO
Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.
Expediente: CO-2000/084.
Denunciado: Antonio Carballeira García.
Último enderezo coñecido: Artes.
15960 Ribeira (A Coruña).
Contido da resolución:
Data: 20 de decembro de 2000.
Feitos polos que foi denunciado: cazar en zona de seguridade e negarse a mostra-la documentación.
Resolución: sanción con multa de 100.001 pesetas e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.

