Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións da primeira fase do parque eólico denominado Monte Redondo. (Expediente 15/1999).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Energía Ambientales, S.A. (Easa), con enderezo para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi, 10-1º esq., 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Redondo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 3 de marzo de 2000, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de Easa, solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Monte Redondo, de 49,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse á información pública por Resolución do 21 de marzo de 2000, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: o diario El Ideal Galle

go, do 31 de marzo de 2000, no BOP da Coruña, do 7 de abril de 2000, no Diario Oficial de Galicia do 18 de abril de 2000 e no taboleiro de anuncios do Concello de Vimianzo, e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Andrés Carballo, en representación da Comunidade de Veciños de La Gándara, e titulares dos predios nº 28, 31, 187, 302 e 303, incluídos na relación de afectados polo parque, reivindica tamén a titularidade do predio nº 32, que na relación de propietarios figura a nome de Juan Castro Gándara, presidente da Comunidade de Veciños de Ogas.

2. Salvador Vázquez Gándara, en representación de Balbina Gándara Varela e Mª Pilar Gándara Varela, titulares do predio nº 333, solicita que se lle aclare exactamente a afección ó predio das súas representadas.

3. O Concello de Vimianzo, pola súa parte, manifesta:

-Que a normativa urbanística do concello é contraria á instalación do proxecto do parque, ó situarse nunha zona altamente protexida, tanto polo seu valor paisaxístico, como histórico.

-Que no estudio de impacto ambiental non se analiza o impacto acústico que vai producir nos lugares próximos e que non se achegan medicións reais, así como produce un importantísimo impacto electromagnético e paisaxístico.

Cuarto.-O 25 de setembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, reducíndose o número de aeroxeradores de 66 a 63, dado que se considera os aeroxeradores nº 37, 38 e 39, na súa actual posición non son compatibles coa defensa dos valores ambientais existentes así como os accesos proxectados para este.

Quinto.-O 24 de novembro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos da primeira fase do parque eólico denominado Monte Redondo, para unha potencia de 47,25 MW, e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Monte RedondoVimianzoXY

491.2504.776.000

492.5004.774.750

494.2504.774.750

494.2504.776.000

495.5004.776.000

495.5004.772.000

NomeMunicipioVértices

493.5004.772.000

492.2504.773.000

492.7504.773.500

491.0004.775.500

Nº de aeroxeradores63

Potencia unitaria por aeroxerador750 kW

Potencia total instalada47, 25 MW

Producción anual estimada131.423 MWh/ano

Investimento previsto7.425.000.000 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-63 aeroxeradores, mod. Ecotecnia 48/750, de 750 kW de potencia, montados sobre torres metálicas troncocónicas de 55 m de altura e rotores de 3 pas de 48 m de diámetro.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/66 kV.

-Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/66 kV de 50 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, de 24 de xullo, o Decreto 132/1982, de 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, de 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto á alegación presentada por Andrés Carballo, cabe dicir que será no levantamento de actas o momento no que pode demostrar a titularidade do citado predio, en litixio, achegando a documentación acreditativa necesaria.

2. En relación coa alegación presentada por Salvador Vázquez Gándara cabe manifestar que o predio nº 333 exclúese da relación de predios afectados polo parque eólico.

3. Por último e en relación coa alegación presentada polo Concello de Vimianzo, cómpre dici-lo seguinte:

-As alegacións ó proxecto sectorial serán consideradas no momento de dicta-la resolución correspondente.

-As alegacións ambientais foron tidas en conta na Resolución do 25 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se aprobou a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións da primeira fase do parque eólico Monte Redondo, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio