Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza á empresa Gas Natural La Coruña, S.A. o cambio das características do gas para subministrar en varias instalacións centralizadas de G.L.P. no termo municipal da Coruña, pasando de propano a gas natural.

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Natural La Coruña, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Rafael Alberti nº 8, 15008 A Coruña, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 14 de xuño de 1996, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Coruña, S.A., a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais no termo municipal da Coruña, así como o almacenamento, distribución e subministración de aire propanado, nunha primeira fase.

Segundo.-Por Resolución do 13 de outubro de 2000, a Delegación Provincial da Coruña autorizou a transferencia das instalacións relacionadas a continuación, por pedimento de Repsol Butano, S.A. e Gas Coruña, S.A. con data do 1 de agosto e 18 de setembro.

Nº expedienteSituaciónNúmero

G-253/93Cantón Pequeno9

G-021/91Manuel Murguía4-6

G-231/95General Rubín3

Nº expedienteSituaciónNúmero

4765GLPRonda de Nelle

Víctor López Seoane

9

2

G-123/93Ronda de Nelle

Galo Salinas

141

1

IN623A1997/20-1Ronda de Nelle40

IN623A1998/121-1Santa Xema, Ponte Pasaxe42

Terceiro.-Con data do 28 de agosto de 2000, a citada empresa solicitou, ó amparo da Lei 34/1998 e o Decreto 2913/1973 polo que se aproba o Regulamento do servicio público de gases combustibles, o cambio das características do gas para subministrar nas instalacións de referencia no concello da Coruña, de propano a gas natural.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste proxecto está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, de 22 de xuño.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizar á empresa Gas Natural La Coruña, S.A., o cambio de gas para subministrar nas instalacións relacionadas no punto segundo desta resolución, no municipio da Coruña, de propano a gas natural.

A presente autorización outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Tal e como se dispón no artigo 38 do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do servicio público de gases combustibles, ó varia-las características do gas subministrado, a empresa subministradora queda obrigada cos titulares dos contratos en vigor a substituír ou adaptar tódolos elementos das instalacións receptoras afectadas polos cambios, e aqueles aparellos de utilización declarados no contrato e, se é o caso, o contador, sen que este poida reportar ningún custo para o usuario.

Segunda.-As instalacións receptoras de gas, a partir da acometida, tanto as comúns como as individuais, deberán cumpri-lo disposto no Regulamento de instalacións de gas en locais destinados a usos

domésticos, colectivos ou comerciais e normas complementarias.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria