Examinado o expediente instruído por pedimento de Gamesa Energía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en avda. do Cruceiro da Coruña 201-A, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Masgalán-Campo do Coco; resultan os seguintes
Antecedentes de feito.
Primeiro.-O 30 de novembro de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Sistemas Energéticos Cando, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Masgalán-Campo do Coco, de 49,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo.-O proxecto someteuse á información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, e ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio Pontevedra do 27 de xaneiro de 2000, publicado no BOP de Pontevedra, do 16 de febreiro de 2000, o xornal La Voz de Galicia do 1 de marzo de 2000, no Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo de 2000 e no BOE, do 21 de marzo
de 2000 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Forcarei, Silleda e Lalín.
Publicouse unha corrección de erros no BOP de Pontevedra, do 20 de marzo de 2000, no Diario Oficial de Galicia do 16 de marzo de 2000 e no xornal La Voz de Galicia, do 16 de marzo de 2000; no BOE publicouse orixinalmente sen erros.
Terceiro.-O 28 de agosto de 2000, Gamesa Energía, S.A., presentou un anexo ó proxecto de execución que inclúe unha modificación na subestación do parque consistente na instalación de dúas novas posicións de liña, unha delas de reserva.
Cuarto.-O 22 de novembro de 2000, Luis Caamaño Martínez en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., presentou escrito de renuncia á implantación da máquina A-24 con localización no concello de Lalín, e reemprázaa pola R-1, localizada en terreos do Concello de Forcarei.
Quinto.-O 19 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.
Sexto.-Durante o período de información pública recibíronse as seguintes alegacións:
1. As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e recollidas na declaración de impacto ambiental do citado parque.
2. María del Carmen Ramona Rascado Cachafeiro manifesta que é propietaria de varios predios afectados polo parque que non figuran na relación de bens e dereitos afectados.
3. Luis García Madriñán, en nome propio e ademais en representación da comunidade de propietarios do monte chamado Grobas manifesta que:
a) O predio nº 22 non pertence á C.M.V.M.C. de Grobas senón que é de titularidade privada (monte chamado de Grobas).
b) A pista que atravesa o predio é de titularidade privada e non pode ser usada sen permiso dos titulares e en caso de usala, teñen que ser indemnizados.
c) Os datos que figuran na notificación relativos á afección do predio non son correctos.
4. O Concello de Lalín formula a súa oposición á execución do parque.
Sétimo.-O 29 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:
Situación e coordenadas poligonais:
Nome Municipio Vértices
Masgalán-Campo do Coco Forcarei X Y
Silleda 559.000 4.723.000
Nome Municipio Vértices
Lalín 562.000 4.723.000
562.000 4.722.000
560.000 4.721.000
560.000 4.719.000
561.000 4.718.000
561.000 4.717.000
562.000 4.716.000
561.500 4.715.000
560.500 4.715.000
559.500 4.715.500
559.500 4.714.500
562.500 4.713.500
562.000 4.712.000
559.000 4.712.000
558.500 4.714.000
557.500 4.716.000
556.000 4.717.000
556.000 4.718.000
557.000 4.719.000
558.000 4.718.000
558.000 4.719.000
557.000 4.721.000
558.000 4.722.500
559.000 4.722.000
Nº de aeroxeradores75
Potencia unitaria por aeroxerador660 kW
XeradoresG47-660 de Gamesa Eólica
Potencia total instalada49,5 MW
Producción anual estimada145.926 MWh
Investimento previsto6.538.847.072 ptas.
Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:
-75 centros de transformación de 775 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.
-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/220 kV.
-Subestación transformadora 20/220 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/220 kV de 50 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998,
do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.
Segundo.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.
Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:
1. Non podemos acepta-la alegación formulada por María del Carmen Ramona Rascado Cachafeiro, por non se-lo momento procedemental oportuno, non obstante, esta será tida en conta cando se proceda ó levantamento de actas, momento no que pode demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.
2. En canto á alegación formulada por Luis García Madriñán, cabe dicir que:
a) Con respecto ó posible erro na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón desta, non obstante, será no levantamento de actas o momento no que pode demostrar a súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.
b) Non se toma en consideración a alegación referida á valoración da afección da parcela, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.
c) Con respecto ós posibles erros na determinación de servidume así como na natureza dos terreos afectados esta tomarase en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio.
3. En relación coa alegación formulada polo Concello de Lalín, cabe dicir que o promotor presentou escrito de renuncia á implantación da máquina A-24 con localización no concello de Lalín, e substitúea pola R-1, localizada en terreos do Concello de Forcarei, polo que deixa de estar afectado o citado concello.
Cumpridos os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966 que aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sanción en materia das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto.
Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Masgalán-Campo do Coco,
o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2001.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio

