Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de decembro de 2000 pola que se autoriza o cambio de titular e de sede de escolas de navegación de lecer e a súa modificación no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

No seu artigo 18, establece a obriga de notificar calquera modificación que afecte as circunstancias nas que foi recoñecida.

Solicitándose o cambio de titular dunha escola recoñecida e o cambio de domicilio social doutra escola, e logo de cumprido o procedemento establecido, procede autorizar este e realiza-la súa inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Autoriza-lo cambio de titular á seguinte escola, XGEN006 da que é titular José Regueira Varela con denominación comercial (CEAR), a favor de Josefina Soengas Regueira, e coa mesma denominación comercial (CEAR).

Artigo 2º

Autoriza-lo cambio da sede social da escola homologada XGEN002, Cainosa Vigo, S.L. sitas en Rosalía de Castro, 51-entreplanta, de Vigo (Pontevedra).

Artigo 3º

Inscribir no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación o novo titular e a nova sede social, quedando as súas inscricións como seguen:

XGEN006. Josefina Soengas Regueira, con NIF: 76790421-E dentro da categoría de escolas básicas de navegación de lecer (ENAL básica), coa denominación comercial (CEAR) e a súa sede social na r/ Fray Juan de Navarrete, 5, entlo. F de Pontevedra.

XGEN002. Cainosa Vigo, S.L., con CIF: -36857944, dentro da categoría de escolas básicas de navegación de lecer (ENAL básica), con enderezo social e aula na r/ Rosalía de Castro, 51-entreplanta de Vigo (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo

e Acuicultura