Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-111/2000, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 4 de setembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-111/2000.

Denunciado: Celso Rodríguez Méndez.

DNI: 34.909.800.

Enderezo: lugar Melias, O Pereiro de Aguiar, Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en día inhábil (día seguinte a un luns festivo). Feitos constatados o día 2-5-2000, ás 17.20 h no río Miño-encoro de Belesar. Friamonde. Taboada. Lugo.

Precepto sancionador: 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.