Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-247/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 12 de decembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-247/2000.

Denunciado: José Fernández Cadahía (DNI 34.212.793-V).

Último enderezo coñecido: Carretera del Prat, nº 42-3º-2. Barcelona.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca en día inhábil (luns). Feitos constatados o día 7-8-2000, ás 20 h no río Miño-encoro dos Peares. Belesar. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 pesetas de multa.