De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.
Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.
O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.
Lugo, 13 de decembro de 2000.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente nº: P-152/2000.
Denunciado: Raúl Antonio Muñoz Murados.
DNI: 34.386.275.
Enderezo: r/ Magros. Beariz. Ourense.
Feito denunciado: ceba-las augas con fins de pesca empregando penso granulado. Feitos constatados o día 20-5-2000, ás 16.40 h no río Miño -marxe dereita- encoro de Belesar. Chantada. Lugo.
Precepto sancionador: artigo 34.14º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.
Cualificación: menos grave.
Sanción: 50.001 ptas. de multa.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica desta actividade por un período dun ano.
Artes comisadas: penso granulado depositado nas dependencias da Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo.

