De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).
Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.
Lugo, 13 de decembro de 2000.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: C-47/2000.
Denunciado: José Luis García Moya.
DNI: 33.318.455-B.
Enderezo: r/ Carrero Blanco, nº 201-4º BA. Lugo.
Feitos imputados: practica-lo deporte da caza con arma de fogo en núcleo rural, a menos de 100 m de vivendas habitadas. Feitos constatados o día 15-10-2000, ás 9.15 h, no couto LU-10.199. Miño. Chamoso. Lugo.
Preceptos infrinxidos: 57.35º da Lei 4/1997, de caza en Galicia.
Cualificación infracción: leve.
Sanción: 10.000 pesetas.

