Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-172/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación deste notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 13 de decembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-172/2000.

Denunciado: Manuel González Fernández.

(DNI 10.038.987).

Último enderezo coñecido: Robles de Laciana. Villalbino. León.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, ó ter capturado 9 troitas de tamaño inferior ó regulamentario (2-18 cm; 5-15 cm; 1-14 cm; 1-13 cm). Feitos constatados o día 11-8-2000 no río Ibias-Negueira de Muñiz. A Fonsagrada. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Indemnización por danos e perdas de 13.000 pesetas.