Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-147/2000, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 15 de decembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-147/2000.

Denunciado: Antonio Pérez Iglesias.

DNI: 34.944.503.

Enderezo: avda. de Carrero Blanco, nº 17-7º A, Ourense.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, ó ter capturado dúas troitas de tamaña inferior ó regulamentario (1-18 cm; 1-17 cm). Feitos constatados o día 13-5-2000, ás 11.30 h na marxe esquerda do río Enviande-parroquia de Pedrafita. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Indemnización por danos e perdas de 6.000 pesetas.