De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 15 de decembro de 2000.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente nº: P-127/2000.
Denunciado: José Benito Outeiriño Ribelles.
DNI: 34.956.167.
Enderezo: r/ Baldoregueiro, nº 7-2º, Ourense.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca sen estar en posesión da documentación preceptiva en vigor (licencia de pesca). Feitos constatados o día 21-4-2000, ás 11.20 h no río Miño-encoro de Belesar. Taboada. Lugo.
Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.
Cualificación da infracción: menos grave.
Sanción: 50.001 pesetas de multa.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.

