Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-388).

Por Resolución 504/2001 do 6 de febreiro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o Plan parcial relativo ó SUP 4-R, en Oleiros, tramitado pola comisión xestora.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 13 de febreiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta