Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

De licitación do contrato de xestión do servicio público de recollida de residuos sólidos urbanos en todo o municipio e o seu transporte ó centro de tratamento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Silleda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: recollida de residuos sólidos urbanos en todo o municipio e o seu transporte ó centro de tratamento.

b) Lugar de execución: Silleda.

c) Prazo de duración da concesión de servicio: 2 anos, podendo ser prorrogado por anualidades sucesivas ata un máximo de 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 25.500.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía.

Provisional: 510.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Silleda.

b) Domicilio: r/ Xeral Franco, 55.

c) Localidade e código postal: Silleda 36540.

d) Teléfono: 986 58 00 00.

e) Telefax: 986 58 10 21.

f) Data límite de obtención de documentación e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 9. categoría D. Grupo III, subgrupo 6, categoría B.

b) Outros requisitos: cláusula 15 do prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Documentación que se debe presentar:

*Copia compulsada do documento nacional de identidade do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, ou escritura de

constitución da sociedade mercantil, debidamente inscrita no rexistro mercantil, cando o empresario sexa persoa xurídica.

*Xustificante acreditativo da constitución da garantía provisional, polo importe de 510.000 pesetas, que pode constituírse de acordo co establecido no art. 36 da Lei 13/1995.

*Documentos xustificativos de solvencia económica e financeira, por calquera dos medios que establece o artigo 16 da LCAP.

*Documentos xustificativos de solvencia técnica, conforme o artigo 19 da citada lei.

*Documento acreditativo de estar inscrito no Rexistro Xeral de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos.

*Certificado expedido pola Delegación de Facenda, acreditativo de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social, expedido polo órgano competente, e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do R.D 390/1996, do 1 de maio.

*Certificado da Tesourería Territorial da Seguridade Social, acreditativo de estar ó corrente no pagamento das súas cotas.

*Declaración xurada, asinada polo licitador ou o seu representante legal, onde se poña de manifesto estar en plena capacidade de obrar, e non estar comprendido en ningunha das circunstancias ou prohibicións para contratar enumeradas nos artigos 20 e seguintes da LCAP 13/1995.

*Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 9, categoría D. Grupo III, subgrupo 6, categoría B.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, en horario das 9 ás 14 horas en días hábiles.

9. Apertura das ofertas.

Ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á apertura da documentación, no concello.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso:

a.1) Calidade técnica do servicio proposto: ata un máximo de 15 puntos.

a.2) Melloras relacionadas co concurso: ata un máximo de 10 puntos.

a.3) Oferta económica: ata un máximo de 8 puntos.

a.4) Medios persoais e materiais da empresa que adscribirá ó servicio: ata un máximo de 5 puntos.

a.5) Experiencia en municipios similares, acreditado con informes de bo servicio: ata un máximo de 5 puntos.

Silleda, 12 de febreiro de 2001.

José Fernández Vieitez

Alcalde-presidente