O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 25 de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle da rúa López Mora nº 28, de acordo coa documentación presentada pola entidade Promociones Partinico, S.L. en datas 23-6-2000 e 15-9-2000.
Segundo.-Somete-lo presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais de maior circulación na provincia, e notificación individualizada ós propietarios colindantes e demais interesados directos polo mesmo».
O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.
Selado

