Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 12 de febreiro de 2001 aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación do aluguer dun ben inmoble para destinalo a albergue turístico, o que se expón ó público, na secretaría do concello, por prazo de oito días naturais, contados desde a publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, durante o cal tódolos interesados poderán presenta-las reclamacións que estimen oportunas.

Simultaneamente anúnciase licitación para adxudica-lo contrato segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilar de Santos. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación e información necesaria.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: constitúe o obxecto do contrato o arrendamento do seguinte ben inmoble patrimonial, de titularidade municipal, para dedicalo á súa explotación como albergue turístico durante un prazo de 5 anos.

-Edificio e terreo que o rodea, situado en r/ Celanova nº 13, Vilar de Santos, que consta de dúas plantas de 357 metros cadrados en total, edificado sobre un terreo de 1.030 metros cadrados e que linda ó sur coa estrada C-531, ó norte con monte comunal, ó oeste con camiño público e ó leste coa vivenda nº 15, de herdeiros de David Gómez.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación ordinaria por procedemento aberto e concurso.

4. Canon de arrendamento: o canon polo arrendamento fíxase nas seguintes cantidades, IVE excluído:

En pesetasEn euros

Importe anualImporte mensualImporte anualImporte mensual

1º ano240.00020.0001.442,43120,2025

2º ano240.00020.0001.442,43120,2025

3º ano420.00035.0002.524,25210,3542

4º ano480.00040.0002.884,86240,4050

5º ano540.00045.0003.245,47270,4559

Total1.920.000-------11.539,44-------

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Presentación de proposicións. Prazo: o prazo será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó de inserción do presente anuncio de licitación no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia. Se a publicación do anuncio nos diferentes boletíns se efectuase en días diferentes, o prazo empezará a computarse a partir da última publicación e se o último día do prazo fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte. Lugar: no rexistro xeral do concello, r/ Celanova, 77, 32650 Vilar de Santos, tlf. 988 46 58 83, fax 988 46 58 63, de luns a venres, excluídos os días festivos, de 9 a 14 horas. Documentación que hai que presentar: a que se sinala na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas. Prazo de vinculación da oferta: tres meses desde, como máximo, a apertura de proposicións. Modelo de proposición: figura no prego.

7. Apertura das ofertas: ás 18 horas do quinto día hábil (excluídos sábados) posterior ó de remate do prazo de presentación das propostas.

8. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Vilar de Santos, 19 de febreiro de 2001.

Xosé Antón Jardón da Cal

Alcalde