Aprobados primeiramente os pregos das cláusulas económico-administrativas particulares deberán rexer na contratación do equipamento-mobiliario do Centro Sociocultural-Xuvenil e da Terceira Idade pola Comisión de Goberno, na sesión do día 14 de marzo, de conformidade co disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público polo prazo de 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no BOP.
De conformidade co disposto no artigo 122.2º do mesmo texto legal anúnciase a contratación.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Riotorto.
2. Obxecto do contrato.
Equipamento do mobiliario do Centro Sociocultural-Xuvenil e da Terceira Idade, de conformidade coa memoria aprobada polo concello.
3. Procedemento e forma de adxudicación.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento: 8.000.000 de pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 2% do tipo de licitación.
Definitiva: 4% do contratato.
6. Obtención da documentación e información.
Concello de Riotorto.
Praza das Rodrigas nº 1.
27744 Riotorto.
Teléfono: 982 34 62 22.
Fax: 982 34 60 33.
7. Presentación de ofertas.
Quince días naturais contados desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP e DOG.
8. Documentación que hai que presentar.
Nas oficinas municipais, segundo modelo, pregos e tipo.
Riotorto, 15 de marzo de 2001.
Xosé López Cabodevila
Alcalde

