Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da U.A.V.D. do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón. (Expediente 6202/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 22 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación V.D. do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón, presentado con data do 28 de xullo de 2000 pola Comunidade de Bens Bardelás, González e Simón, redactado polos arquitectos Guillén, Mateos e Llópiz, e con visado do COAG con datas do 26 de xullo, 4 de decembro de 2000 e 18 de xaneiro.

Segundo.-Someter este acordo ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como notificación individual ós propietarios dos terreos afectados.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o último anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren desco

ñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo