Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.980

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

BIC GALICIA

ACORDO do 20 de marzo de 2001, do director xeral da sociedade Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A., pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas para a impartición de seminarios de planificación e de xestión empresarial, mediante procedemento restrinxido e por concurso.

En cumprimento do establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos e demais entidades do dereito público, a Dirección Xeral da sociedade Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.) anuncia concurso restrinxido para a selección de data 8 empresas capacitadas para prestaren asistencia técnica para a impartición de seminarios de planificación e xestión empresarial.

As empresas escollidas serán invitadas en distintas ocasións a presentaren proposicións para a contratación dos distintos traballos que CEEI Galicia, S.A. vaia aprobando. Poderanse cursar invitacións ata o día 15 de novembro de 2001.

O orzamento máximo global para esta contratación ascende a vintecinco millóns trescentas mil pesetas (25.300.000) pesetas, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), coa seguinte desagregación:

a) Ata 420.000 pesetas, IVE incluído, por cada acción lectiva de grupo en seminarios de planificación empresarial, ata un total de 12.600.000 pesetas, IVE incluído.

b) Ata 360.000 pesetas, IVE incluído por cada acción lectiva individual en seminarios de planificación empresarial, ata un total de 5.400.000 pesetas, IVE incluído.

c) Ata 14.000 pesetas/hora, IVE incluído, de cada módulo de xestión empresarial, cun límite por seminario de 1.820.000 pesetas; IVE incluído, e ata un total de 5.460.000 pesetas, IVE incluído, polo total de seminarios.

d) Ata 20.000 pesetas/hora (incluído o custo do material), IVE incluído, por seminarios de formación continua, ata un máximo de 1.840.000 pesetas, IVE incluído.

Os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas particulares están á disposición dos interesados no domicilio de CEEI Galicia, S.A. no edificio Igape, 3ª planta, complexo administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, 15703 A Coruña. Teléfono: 981 54 68 23. Telefax: 981 54 68 32.

As solicitudes presentaranse no domicilio de CEEI Galicia, S.A. ata as 14 horas do derradeiro día de prazo para presentar documentación. Se se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto no punto 4.1º do prego de cláusulas particulares. O prazo para presentar solicitudes vencerá o décimo día natural a partir do seguinte ó da publicación neste diario. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil. Deberase presenta-la documentación prevista no punto 4.1º no prego de cláusulas particulares. A apertura das solicitudes terá lugar nas oficinas de CEEI Galicia, S.A. o sexto día natural contado desde o seguinte ó da fin da presentación das solicitudes, ás 14 horas. Se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

A execución dos contratos poderase estender ata o 31 de decembro de 2001.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

Santiago González Babé Ozores

Director xeral