Declarada alienable e autorizado o seu alleamento, convócase poxa pública do seguinte terreo: terreo en Vigo (Pontevedra), avenida de Ramón Nieto, s/n, situado no lugar de Seixo, parroquia de Lavadores, cunha superficie de dous mil cincocentos setenta e un metros, oitenta e cinco decímetros cadrados.
Tipo mínimo de licitación: 18.090.000 pesetas (108.723,08 euros).
Garantía provisional: para participar na poxa haberá que deposita-la cantidade de 3.618.000 pesetas (21.744,61 euros).
A poxa rexerase polas cláusulas administrativas contidas nos pregos de condicións que se atopan á disposición dos posibles licitadores na Secretaría Provincial, Sección de Servicios Xerais e Patrimonio da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, rúa García Barbón, 36, primeira planta de Vigo.
A poxa terá lugar diante a mesa constituída para o fin, ás 11 horas do día 24 de abril de 2001, no salón de actos da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social na rúa García Barbón, 36, segunda planta.
A totalidade dos gastos serán por conta do adxudicatario.
Vigo (Pontevedra), 21 de febreiro de 2001.
Miguel Ángel Vázquez Ares
Director provincial de Pontevedra

