Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.250

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de once prazas de técnicos especialistas de biblioteca, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Coa finalidade de atende-las necesidades de persoal de Administración e servicios, este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 en relación co artigo 3 e) da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir once prazas de técnicos especialistas de biblioteca, vacantes no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo once prazas de técnicos especialistas de biblioteca do grupo III, polo sistema de promoción interna e sistema xeral de acceso libre.

1.2. O número total de vacantes ofertadas a promoción interna ascende a 6 prazas. De non cubrirse as prazas reservadas a promoción interna ofertaranse para a súa provisión polo sistema de acceso xeral libre.

Neste sentido, a fase de oposición do sistema de promoción interna rematará antes que a correspondente ó sistema xeral de acceso libre.

1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de provisión.

1.4. O proceso selectivo constará das seguintes fases: oposición e concurso, coas probas e puntuacións que se especifican no anexo I.

1.5. O programa que rexerá as probas da fase de oposición é o que se relaciona no anexo II.

1.6. As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, e pola Lei 3/1995; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; o Decre

to 95/1991, do 20 de marzo; nos estatutos da Universidade de Vigo e no disposto na presente convocatoria.

2. Requisitos de admisión.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos durante todo o proceso selectivo:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos iratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do título de bacharel, formación profesional de segundo grao ou equivalente, ou ter aprobadas as probas de acceso á Universidade para maiores de 25 anos. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado nin estar suspendido do servicio de calquera administración pública nin inhabilitado para o desempeño da función pública por sentencia firme. Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Pertencer ó cadro de persoal laboral fixo das universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

b) Pertencer a categoría profesional distinta á das prazas convocadas na presente convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ó modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán presentarse achegando fotocopia do DNI. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso,

os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo. Os méritos alegados acreditaranse do seguinte xeito:

3.1.1. Os servicios prestados nas universidades de Santiago de Compostela e Vigo acreditaranse mediante certificación da xerencia correspondente, referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.1.2. Os cursos alegados acreditaranse mediante a presentación dos títulos e diplomas correspondentes, copia compulsada ou certificación do órgano competente de estar en condicións de obtelos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.1.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente unidade de persoal da entidade ou empresa onde prestase servicios.

3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Vigo no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Vigo ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os aspirantes non poderán presentar máis dunha solicitude nin solicita-la súa participación nas probas selectivas, simultaneamente, en máis dun sistema de acceso. A contravención dalgunha desta normas determinará a exclusión dos aspirantes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 5.640 pesetas (33,90 euros) e se ingresarán na conta corrente nº 2080-0000-74-0040225994, Universidade de Vigo. «Outros ingresos». (Caixanova, O.P. de Vigo), facendo constar no impreso o enunciado Técnicos Especialistas de Biblioteca. Na solicitude deberá figura-lo selo da entidade bancaria acreditativo do pagamento dos dereitos de exame; a súa falta determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a simple presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.2.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente da realización das probas selectivas e cubrisen os datos bancarios necesarios para face-la devolución.

Estarán exentas do pagamento as persoas cunha discapacidade igual ou superior ó 33%, sempre que acompañando a súa solicitude presenten as certificacións que a acrediten.

3.5. Os aspirantes con minusvalideces expresarán no recadro nº 7 a súa opción de participaren pola quenda reservada para discapacitados e no recadro nº 8, as adaptacións de tempos e medios que para a realización das probas consideren necesarias. Para tal efecto deberán acreditar documentalmente ante o tribunal a súa minusvalidez.

3.6. Os erros de feito que puidesen advertirse poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento do interesado.

3.7. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixesen constar na súa solicitude, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

4. Admisióin de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo publicará no taboleiro de anuncios do rectorado, no prazo dun mes, resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión das causas que motivaron a exclusión e o prazo de emenda dos posibles defectos, que será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución.

4.2. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Na resolución rectoral mediante a que se aprobe a relación definitiva, publicada no rectorado, indicarase, así mesmo o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio. Contra esta resolución poderase recurrer de acordo co previsto na Lei 30/1992.

4.3. En todo caso co obxecto de evitar erros e, no suposto de se produciren, para posibilita-la súa emenda en tempo e forma, os aspirantes comprobarán fidedignamente non só que non figuran na lista de excluídos, senón que os seus nomes constan correctamente na relación de admitidos.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 ou se tivesen participado en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias citadas.

5.3. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia do presidente e o secretario ou, de se-lo caso, daqueles que os substitúan, e a metade alomenos dos seus membros. Nesta sesión, o tribunal acordará tódalas decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. Para os efectos de celebración de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a asistencia dos membros do tribunal especificados no epígrafe anterior.

5.5. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestaren colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores faraa o rector da Universidade de Vigo, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 5.2.

5.7. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalideces gocen de similares condicións para realizaren os exercicios có resto dos aspirantes. Para as persoas con minusvalideces que o soliciten na forma prevista na base 3.5., estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.8. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.9. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Vigo, Rúa Oporto 1, teléfono 986 81 36 36.

5.10. En ningún caso, o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos aspirantes iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T, de conformidade co establecido na Resolución do 14 de febreiro de 2001 da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG do 23).

6.2. En calquera momento, os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos exercicios será efectuada polo tribunal nos lugares onde se celebrase o anterior, así como na sede do tribunal e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación polo menos, á data sinalada para o seu inicio.

6.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Vigo, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares da súa celebración e no rectorado a relación de aspirantes que os superasen, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade.

7.2. Rematada a fase de oposición, e para os aspirantes que a superasen, o tribunal fará pública a puntuación obtida na fase de concurso, que en ningún caso poderá sumarse para efectos de supera-los exercicios da oposición.

A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e de concurso.

No caso de empate na puntuación final, dirimirase a prol do aspirante que obtivese maior puntuación no conxunto da fase de oposición; de persisiti-lo empate, acudirase á puntuación obtida nos exames na orde en que figuran no anexo I; en último caso, resolverá o tribunal.

O tribunal fará pública para cada sistema de acceso a lista de aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada un deles, fosen seleccionados, que, en ningún caso, poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se atopen incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non apto para tódolos efectos, único extremo verbo do que o tribunal poderá certificar.

7.3. Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal presentará ó rector a relación definitiva de aspirantes aprobados, segundo o respectivo sistema de acceso e por orde de puntuación, xunto coa proposta de contratación a prol dos candidatos que superasen o devandito proceso, que se publicará no taboleiro de anuncios do rectorado.

7.4. Os aspirantes seleccionados deberán superar satisfactoriamente un período de proba de dous

meses, de conformidade co previsto no artigo 14 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE do 29) polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que se fagan públicas as relacións definitivas de aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia do título académico esixido na base 2.1.c).

b) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os aspirantes cun grao de minusvalidez igual ou superior ó 33% deberán acreditar estes extremos mediante certificación dos órganos competentes de Sanidade ou Servicios Sociais da Administración que corresponda.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo de calquera universidade pública galega estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto, debendo presentar certificación da universidade correspondente para acreditar tal condición.

8.3. Os que dentro do prazo fixado, agás caso de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados como persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que tivesen incorrido por falsidade na solicitude inicial.

8.4. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida, sumadas ámbalas dúas fases. En todo caso, os aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre os da quenda libre para elixir destino.

9. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ademais, a Universidade de Vigo poderá, de se-lo caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal consonte o previsto na devandita Lei 30/1992.

Vigo, 16 de marzo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Exercicios e valoración

A. Fase de oposición.

Primeiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización por escrito dun cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas das que só unha será correcta, que versará sobre a primeira parte do programa (anexo II). O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Segundo exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución de exercicios prácticos, baseados no contido da primeira parte do programa. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Terceiro exercicio: só para a quenda de acceso xeral libre. Obrigatorio e non eliminatorio.

a) Consistirá en responder por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test, baseado no contido da segunda parte do programa. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

b) Consistirá en responder por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test sobre coñecementos da lingua galega. O tempo máximo de realización será de 20 minutos.

Cualificación da fase oposición:

a) Promoción interna:

1º exercicio: cualificarase ata un máximo de 40 puntos, sendo necesario obter 20 puntos para superalo. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

2º exercicio: cualificarase ata un máximo de 45 puntos, sendo necesario obter 22,5 puntos para superalo. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

b) Acceso xeral libre:

1º exercicio: cualificarase ata un máximo de 35 puntos, sendo necesario obter 17,5 puntos para superalo. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

2º exercicio: cualificarase ata un máximo de 40 puntos, sendo necesario obter 20 puntos para superalo. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

3º exercicio:

a) 2ª parte do programa: cualificarase ata un máximo de 6 puntos. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

b) Galego: cualificarase ata un máximo de 4 puntos, descontando 0,25 puntos. De se-lo caso, cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

B. Fase de concurso.

a) Promoción interna:

1. Antigüidade nas universidades públicas de Galicia, certificada pola xerencia ou unidade de persoal respectiva, a razón de 0,105 puntos por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación directamente relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ó esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase ata un máximo de 5 puntos.

b) Acceso xeral libre:

1. Experiencia: valorarase o desempeño de postos da mesma categoría có da praza convocada nas universidades públicas de Galicia, certificada pola xerencia ou unidade de persoal respectiva, a razón de 0,167 puntos por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación directamente relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ó esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO II

Programa

Primera parte.

1. A biblioteca: concepto e función. Tipos de bibliotecas.

2. A biblioteca universitaria. A biblioteca universitaria da Universidade de Vigo e o seu regulamento.

3. O arquivo universiario.

4. Materiais documentais na biblioteca: tipos e soportes.

5. Selección e adquisición dos fondos bibliográficos.

6. Rexistro de publicacións unitarias e control de publicación en serie.

7. Catalogación e identificación bibliográfica: ISBD, ISBN, ISSN.

8. Clasificación e indización bibliográfica. A CDU.

9. A signatura: diferentes sistemas topográficos. A ordenación de fondos.

10. Os OPAC nos sistemas automatizados das bibliotecas. O OPAC da biblioteca universitaria da Universidade de Vigo.

11. Servicios ós usuarios. Lectura en sala. Préstamo a domicilio. Préstamo interbibliotecario e fotodocumentación.

12. Servicios ós usuarios. Referencia e información bibliográfica. As bases de datos.

13. Atención e orientación ó usuario da biblioteca. A calidade nos servicios.

14. Mantemento e conservación da colección. Os recontos. A encadernación.

15. Conceptos básicos de informática aplicada ás bibliotecas. O uso da Internet na Biblioteca. O correo electrónico. Os navegadores. Búsca de recursos na rede.

16. Cooperación bibliotecaria. Sistemas e redes de bibliotecas.

17. A Lei de bibliotecas de Galicia.

Segunda parte.

1. A Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

2. Réxime xurídico da Universidade de Vigo: os estatutos da Universidade de Vigo. Estructura e órganos da Universidade de Vigo.

3. Réxime xurídico do persoal laboral ó servicio da Universidade de Vigo: III Convenio colectivo para o persoal laboral das universidades públicas de Galicia.

ANEXO III

Tribunal

Titular:

Presidenta: Mª Paz Canduela Martínez, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Universidade de Vigo.

Vocais:

Antía Salgado García, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Universidade de Vigo.

Luis Pérez Gómez, en representación do comité de empresa.

Manuel Velasco Graña, en representación do comité de empresa.

Secretaria: Alicia Costa González, técnica especialista de biblioteca da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.

Suplente:

Presidenta: Mª Dolores Mendía Sanmartín, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Universidade de Vigo.

Vocais:

Inés Alonso Castro, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Universidade de Vigo.

Mercedes Alonso Alonso, en representación do comité de empresa.

Carlos Mollinedo Lois, en representación do comité de empresa.

Secretaria: Rosa Patiño Gómez, técnica especialista de biblioteca da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.