Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4375/1997).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso número 4375/1997, interposto por Taller de Arquitectura, Diseño y Construcción, S.A., contra desestimación presunta por silencio de solicitude de data de entrada do 14 de novembro de 1995, sobre adopción de medidas de legalidade urbanística, en relación con obras promovidas por Viviendas 2001, S.A., no número 106-108 da rúa Hórreo de Santiago de Compostela, con data 10 de outubro de 2000, se dictou providencia que entre outros particulares contén:

Providencia. José Mª Arrojo Martínez, presidente, Carlos López Keller, José Antonio Méndez Barrera. A Coruña, 10 de outubro de 2000..., líbrese exhorto ó Xulgado de Primeira Instancia Decano de Santiago de Compostela co fin de que se empracen e requiran os representantes legais de Viviendas 2001, S.A., co fin de que no prazo de nove días designen procurador e avogado que os represente e defenda nos autos, constituíndose como parte en forma, con apercibimento de que de non verificalo no expresado prazo recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereiro. Acordouno a sala e asínao o presidente.

E para que conste e para a súa remisión ó Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación e emprazamento ó representante legal de Viviendas 2001, S.A., expido e asino este edicto na Coruña o 5 de marzo de 2001.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado