Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (4/1998).

Francisco Javier Míguez Poza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber que no dito órgano xudicial se segue executoria penal 4/1998, na que se acordou sacar a pública poxa por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, propiedade de Roberto Fernández Vilela, sinalándose para que no acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste órgano, o día 15 de maio de 2001 ás 9.30 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación, fixada en 300.000 pesetas.

Segundo.-Que os licitadores para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no BBVA nº 1584.0000.78.0004.98, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico.

Terceiro.-Únicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse proposicións por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Que as cargas e gravames anteriores e os posteriores preferentes ó do demandante, se os houber, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda o día 8 de xuño de 2001 ás 9.30 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houber licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira o día 3 de xullo de 2001 ás 9.30 horas; esta poxa realizarase sen suxeición a tipo, e deberá consignar quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas non se puidesen realiza-las poxas no día e hora sinalados, entenderase que se realizarán o seguinte día hábil, á mesma hora, agás os sábados.

Bens que se sacan a poxa:

-Pantalla de ordenador Panasony ESD nº 8438504.

-Teclado sen marca, modelo LT 5000 ASPN 102 nº 90104MB00985.

-Impresora Epson LX 850 modelo P805A, nº 44L7001164.

-Torre Akko System.

-Fotocopiadora marca Minolta, modelo CSPRO EP1080.

-Cadeira de oficina tapizada en tea cor azul.

-Mesa de 1,60 m de longo por 0,80 m de largo, lacada en cor beixe coas arestas de cor marrón.

Encóntranse depositados en poder da Policía Local de Santiago de Compostela, Brigado Municipal de Vías e Obras (Vía Pasteur, parcela 14, Santiago).

Dado en Santiago de Compostela o dous de marzo de dous mil un.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado