Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos 775/2000 seguidos por instancia de Isabel Fernández Martínez e outras contra Exclusivas Módulo, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 26-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:
Que estimando a demanda interposta por Isabel Fernández Martínez, José María Mallo López e José García Corral, contra a empresa Exclusivas Módu
lo, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ós demandantes das seguintes cantidades: a Isabel Fernández Martínez 275.900 pesetas, a José María Mallo López 318.472 pesetas e a José García Corral 361.796 pesetas, coa absolución do fondo de garantía salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na Conta de Consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, a cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para lle sirva de notificación a Exclusivas Módulo, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Médico Durán, 16, baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 26 de febreiro de 2001.
O secretario xudicial
Rubricado

