Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Figueiras Estramil, Eliseo e outro máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o/s debedor/es que se sinala/n na lista que se xunta. No/s devandito/s expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre o/s ben/s que aparece/n como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ó/s interesado/s malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 23 de febreiro de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Figueiras Estramil, Eliseo.

NIF: 32.381.131-Y.

Data de dilixencia: 22-1-2001.

Descrición do ben: dereito de traspaso do Bar Gramela.

Interesado: Sande Lago, José Manuel.

NIF: 33.203.900-L.

Data de dilixencia: 6-2-2001.

Descrición do ben: predio nº 22303 Rexistro de Propiedade nº 3 A Coruña.