O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu punto 2º, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.
Con data do 16 de febreiro de 2001, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras de nova vía para acceso ó núcleo urbano da Estrada desde a C-541, clave PO/98/78.1, termo municipal da Estrada, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Con data do 1 de marzo de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 57/2001, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 53, do 15 de marzo de 2001.
Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.
Casa do Concello da Estrada:
Día: 26 de abril de 2001.
Horario: das 9.30 ás 13.30 horas.
Do predio nº 001 ó último predio.
A relación de titulares dos bens e dereitos afectados así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello da Estrada e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.
Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.
Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que coiden pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.
Fausto Núñez Vilar
Enxeñeiro xefe

