Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241), Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (DOG nº 75), e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136), polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, o estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións eléctricas que se citan:
Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.
Domicilio social: r/ Betanzos, 1, 1º I, 15004 A Coruña.
Denominacion: parque eólico de Peña Forcada.
Concellos afectados: Camariñas, Vimianzo e Laxe (A Coruña).
Descricións técnicas:
-Potencia que se vai instalar: 33,8 MW.
-Coordenadas:
V: (X=496.000; Y=4.777.000).
V: (X=488.000; Y=4.777.000).
V: (X=484.000; Y=4.779.000).
V: (X=486.000; Y=4.782.000).
V: (X=496.000; Y=4.782.000).
-26 aeroxeradores de 1.300 kW de potencia nominal unitaria, montados sobre fuste tubular metálico de 68 m de altura e rotores de 3 pas de 62 m de diámetro.
-26 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.600 kVA e tensións de 0,69/20 kV.
-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 1x240 mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.
-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 50 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 400 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071-A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.
O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Peña Forcada poderase examinar nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Laxe e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña.
Así mesmo, o proxecto sectorial do parque eólico de Peña Forcada poderase examinar nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Laxe e nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña; poden presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.
A Coruña, 22 de marzo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

