1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: realización das análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro de gando vacún, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: o número total de mostras que se van realizar será de 3.641.000.
c) Lugar de execución: o que determine a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.
d) Prazo de execución ou data límite de entrega: ata o 31 de decembro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cento oitenta e dous millóns cincuenta mil pesetas (182.050.000 pesetas)=1.094.143 euros.
5. Garantías.
Provisional: 3.641.000 pesetas (21.883 euros).
Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 47 77.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación/
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: exenta.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 16 de abril de 2001.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 26 de abril de 2001.
e) Hora: 13.30 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.
P.D. (Orde do 12-1-2001)
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria

