De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Dirección Xeral de Turismo, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-91/2000, incoado á titular do establecemento de restaurante denominado Estación, situado na avda. de Pontevedra, 44, da Estrada (Pontevedra), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).
Expediente: PO-91/2000.
Sancionada: María del Pilar Muñiz Castro.
Establecemento: restaurante Estación.
Domicilio: avda. de Pontevedra, 44.
Localidade: A Estrada (Pontevedra).
Resolución: 12 de xaneiro de 2001.
Precepto infrinxido: artigo 87.1º da Lei 9/1997.
Sanción: trescentas mil (300.000) pesetas.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.
Aurelio Miras Portugal
Director xeral de Turismo

