Obxecto: contrato de servicios para a realización do programa Turismo social 2001 para as persoas maiores.
Orzamento de licitación: 61.000.000 de pesetas (IVE incluído); (336.617,35 euros).
Prazo de execución: 8 meses.
Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia.
Garantía provisional: 1.220.000 pesetas (7.332,35 euros).
Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 8, categoría c.
Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección da Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse no prazo de 8 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares se deberán presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Servicios Sociais.
Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de
ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Variantes: non se admiten.
Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.
Corina Porro Martínez
Directora xeral de Servicios Sociais

