Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 13 de marzo de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación do prego de cargos do expediente disciplinario CO-01/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a apertura do prego de cargos do expediente disciplinario instruído por presunta comisión de faltas graves do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 58, do 25 de marzo).

O interesado dispón dun prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante esta delegación territorial, ou rexistros establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: CO-01/2001.

Incoado a: Rafael Muinelo Alarcón. Persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de profesores numerarios.

DNI: 00.783.747.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro nº 47, 4º piso 15950 Ribeira (A Coruña).

A Coruña, 13 de marzo de 2001.

Sergio Peñamaría Ramón

Instructor