Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos. (Expediente LU-E 29/2001 e dous máis).

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse a seguir:

Nome: Francisco García Fernández.

DNI/NIF: 34.192.942.

Nº expediente: LU-E 29/2001.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: r/ Catedral, 5, Lugo.

Multa máxima: ata 50.000 pesetas.

Nome: Fernández y Vázquez C.B. (Manuel Fernández Redondo e Mario Vázquez Fernández).

DNI/NIF: E-27.187.384.

Nº expediente: LU-E 40/2001.

Precepto infrinxido: 23 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Rúa Nova, 39, Lugo.

Multa máxima: ata 50.000 pesetas.

Nome: David Manuel Figueroa Martínez.

DNI/NIF: 33.329.694.

Nº expediente: LU-E 45/2001.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Pintor Villamil, 38, Lugo

Multa máxima: ata 50.000 pesetas.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques, e secretario o xefe de Negociado, Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior

desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro).

Lugo, 19 de febreiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo