De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Boticarios sin Oficina de Farmacia de Pontevedra (Abofarm), que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: provincial.
Profesional: tódolos licenciados en farmacia que non sexan titulares de oficinas de farmacia e sexan admitidos pola xunta directiva.
Asinan a acta de constitución: Javier Nogueira Pérez e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 1 de marzo de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra

