Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta da asemblea xeral extraordinaria e os novos estatutos da Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y Ayuda a Domicilio de A Coruña, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y Ayuda a Domicilio de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, a acta da asemblea xeral extraordinaria onde se reflicte a modificación estatutaria e os novos estatutos da Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y Ayuda a Domicilio de A Coruña, que, no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y Ayuda a Domicilio de Galicia, cambiando, así mesmo, o seu ámbito territorial, que pasa a se-lo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta da asemblea xeral extraordinaria na que se recolle a modificación dos estatutos, José Félix Valderrey de la Huerga, en representación da empresa Eulen, S.A., e dúas persoas máis representando a outras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais