a) Obra.
1. Paseo fluvial en Bertamiráns primeira fase. (Ames-A Coruña).
Clave: OH.415.461.
Orzamento: catrocentos noventa millóns trescentas trinta e cinco mil novecentas vintedúas pesetas (490.335.922 pesetas, equivalentes a 2.946.978,243 euros).
Prazo de execución: 24 meses.
Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría e. Grupo E, subgrupo 5, categoría e.
Fianza provisional: non se esixe.
2. Recuperación das marxes do río Arteixo, treito: avenida de Fisterra límite polígono. (Arteixo-A Coruña).
Clave: OH.415.462.
Orzamento: douscentos corenta e nove millóns oitocentas setenta e oito mil oitocentas sesenta e seis pesetas (249.878.866 pesetas, equivalentes a 1.501.802,231 euros).
Prazo de execución: 24 meses.
Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d. Grupo E, subgrupo 5, categoría d.
Fianza provisional: non se esixe.
3. Modificado das obras de acondicionamento do leito e das marxes no río Avia entre as pontes de San Francisco e do FFCC. (Ribadavia-Ourense).
Clave: OH.432.374.
Orzamento: trescentos cincuenta e dous millóns cento cincuenta e cinco mil sesenta e unha pesetas (352.155.061 pesetas, equivalentes a 2.116.494,543 euros).
Prazo de execución: 24 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría e.
Fianza provisional: non se esixe.
4. Abastecemento de auga a varios núcleos do concello de Montederramo. (Montederramo-Ourense).
Clave: OH.232.376.
Orzamento: sesenta e dous millóns trescentas mil pesetas (62.300.000 pesetas, equivalentes a 374.430,541 euros).
Prazo de execución: 24 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
5. Complementario número dous do modificado número un do saneamento de Aldán e O Hío. (Cangas-Pontevedra).
Clave: OH.336.448.
Orzamento: oitenta e catro millóns seiscentas dezaseis mil setecentas corenta e nove pesetas (84.616.749 pesetas, equivalentes a 508.556,904 euros).
Prazo de execución: 8 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo G, subgrupo 6, categoría d.
Fianza provisional: non se esixe.
(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.
Así mesmo, tamén se poderá obter o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=261.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.
As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vintetrés (23) de abril de 2001.
f) Admisión de variantes.
Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) deste anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).
g) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día sete (7) de maio de 2001.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
h) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2001.
Agustín Hernández Fdez. de Rojas
Presidente do organismo autónomo
Augas de Galicia

