Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dun servicio para asistencia a usuarios con destino ó CIXTEC. (Expediente 10/2001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC); rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.

b) Número de expediente: 10/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Contratación dun servicio para asistencia a usuarios con destino ó CIXTEC.

b) Prazo de execución: o prazo de execución será de cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Catro millóns duascentas vintedúas mil catrocentas pesetas (4.222.400 pesetas) IVE incluído, equivalente a 25.377,14 euros

5. Garantías.

Provisional: 2% do ozamento base de licitación: 84.448 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de documentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do oitavo día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particuares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de fina

lización do prazo de presentación das proposicións, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable