Con data do 29 de novembro de 2000 procedeuse ó lanzamento dos ocupantes da vivenda sita na Coruña, polígono do Birloque, bloque 7, piso 9º B, conta 276, expediente C-1-CD/79 e a conseguinte recuperación da posesión desta. Este lanzamento é consecuencia do procedemento de desafiuzamento nº 72/1999 seguido contra Francisco e Verónica Rama Vigo e que foi resolto con data do 26 de xuño de 2000. Para proceder ó lanzamento solicitouse autorización xudicial de entrada en domicilio que foi concedida con data do 9 de novembro de 2000.
Unha vez executado o lanzamento, observouse que existen na vivenda diversos mobles e utensilios que non foron retirados polo seu propietario, polo que, despois de diversas indagacións e descoñecendo o domicilio actual deste, requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os ditos mobles para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para tódolos efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.
Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de servicios múltiples, Salvador de Madariaga, s/n, A Coruña. Teléfono: 981 18 48 00).
A Coruña, 1 de marzo de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña

