Con data do 16 de novembro de 2000 procedeuse ó lanzamento dos ocupantes da vivenda sita na Coruña, polígono do Birloque, bloque 10, piso 5º B, conta 378, expediente C-1-CD/79 e a conseguinte recuperación da posesión dela. O dito lanzamento é consecuencia do procedemento de desafiuzamento nº 49/1999 seguido contra Juan Antonio Rodríguez Abad e que foi resolto en data 11 de xullo de 2000. Para proceder ó lanzamento solicitouse autorización xudicial de entrada en domicilio que foi concedida con data do 30 de outubro de 2000.
Unha vez executado o lanzamento, observouse que existen na vivenda diversos mobles e enxoval que non foron retirados polo seu propietario, polo que, despois de diversas indagacións e descoñecendo o domicilio actual del, requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os ditos mobles para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para tódolos efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.
Para proceder á entrega do enxoval deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de servicios múltiples, Salvador de Madariaga, s/n, A Coruña. Teléfono: 981 18 48 00), expido, asino e selo este anuncio na Coruña, 1 de marzo de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña

