1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: L2001-1.
2. Obxecto do contrato: limpeza da cidade deportiva da Torre e a polideportiva do Ventorrillo. Duración do contrato: dous anos, contados a partir da data da adxudicación, e prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo do concello e o contratista, por dous anos ata un máximo de catro (incluíndo o período inicial e as súas prórrogas).
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 12.100.000 pesetas anuais, IVE incluído (72.722,46 euros).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 15 de marzo de 2001.
O alcalde
P.D.
Rubricado

