Aprobado inicialmente por acordo da Comisión Municipal de Goberno, do 19 de marzo de 2001, o proxecto de urbanización do polígono nº 4, do Plan Xeral de Ordenación Municipal, promovido por Inmobiliaria Urbis, S.A. e redactado polos arquitectos José L. Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, visado polo Colexio de Arquitectos de Galicia o 25 de outubro de 2000, exponse ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, podendo examinarse o expediente no Servicio de Urbanismo do concello e presentarse as alegacións o reclamacións que se consideren oportunas.
Poio, 21 de marzo de 2001.
Luciano Sobral Fernández
Alcalde

